viernes, 4 de mayo de 2012

8. A sociedade da información.

Alfabetización dixital.
A aparición das novas tecnoloxías da información e comunicación supuxo a creación, en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á información, como Internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez mais complexo, con gran variedade de fontes, medios de 

comunicación e servizos.
Nos países como Africa non hai tanta tecnoloxía.

Aspectos positivos e negativos da sociedade da información.
As tecnoloxías da información e comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos de da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e da percepción da realidade, etc.
É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas, sen a utilización das novas tecnoloxías, converteríanse en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e prexuízos que o abuso destas tecnoloxías pode levar consigo.

hoxe en día todo o mundo ten ordenadores.

A importancia da veracidade da información.
A posibilidade de conseguir mais información favorece ao estudo e á investigación, pero o feito de que acha mais non asegura o éxito, pois é moi difícil separar a información boa da que non serve. Pódese ter a sensación de que se esta informado de todo e ao instante, e sen embargo,tener unha visión totalmente deformada da realidade.
Internet ten miles de usos.
Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal.
É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora estase a debilitar de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros,sino porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que produce a navegación por Internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, a maior dificultade en construír frases completas e polo tanto dificultades de expresión con todas as complicacións que iso leva consigo.
Deterioración dalgunhas habilidades.
Hai séculos, cando cando as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxecto como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes despois de anos ou décadas do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.
Globalización das sociedades da información.
Aínda que os aspectos que presenta a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e será necesario mellorar, se se desexa conseguir unha sociedade global.
Aspectos positivos:
- Non monopolización da información polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión polos cidadáns.
- Gran mobilidade da información.
- Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar mais rápido.
- Permite estar mais informado do que sucede en calquera parte do mundo.
- Interacción que se pode establecer con outras persoas a través da rede.
- Ampla as relacións diplomáticas entre países
- Permite a transculturizacion... permitindo coñecer os estilos de vida doutras nacións
- Permite a circulación mais doado de mercadoría e tecnoloxía
Aspectos negativos:
- Falta de control para seleccionar información debido ao exceso que existe. Mais información non implica mellor información, nin un uso eficaz desta.
- Se todo é todos, os autores non sacan ningún beneficio.
-Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio de alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non elimina barreiras.
- O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías mais que o nivel económico.
-Xera unha interdepencia entre as nacións que a integran... implica unha perda na integridade das culturas e aínda mais, afecta ás nacións en vías de desenvolvemento pois se vería con maior forza ás nacións xa desenvolvidas.
-A perda paulatina de aranceis, alfándegas e outros tributos estranxeiros, que co tempo, se non se toman medidas axeitadas podería xerar grandes problemas afectando aos países, mais pobres.





O uso de sms abreviados fai que aumenten as faltas de ortografía

No hay comentarios:

Publicar un comentario