viernes, 8 de junio de 2012

9.Traballos colaborativos. Wikis

Ferramentas e colaboradoras.
Normalmente, a idea que se ten de Internet é a de ser unha gran fonte de información na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas como o correo electrónico, as listas de distribución, os chats e os grupos de noticias permiten intercambiar arquivos e opcións, aínda que o uso se veu facendo delas dende a popularización de Internet estivo enfocado mais cara ao ámbito ludico que cara ao laboral.
Non obstante, as novas ferramentas que xurdiron na rede están enfocadas á realización dun traballo concreto, especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de multiplespersoas.
Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaboradorestan os wikis, os blogs, os BCSW e os RSS.

Wiki
Os wikis constitúen unha das formas máis novidosas de colaboración que ofrece Internet.Un Wiki é un sitio web que se constrúe a partir de moitos autores. Basicamente consiste nunha colección de páxinas web, que poden ser visitadas ou editadas por varias persoas, sen pasar por ningun tipo de revisión ou censura previa.
O primeiro Wikiweb foi creado por ward cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. mais tarde en 2001, se inicio o proxecto wikipedia, consiste na creación dunha enciclopedia virtual, que hoxe en día é o Wiki mais usado do mundo.
Un dos principais problemas do wiki é o vandalismo, que consiste en introducir erros, contidos inapropiados, ofensivos, agregar publicidade ou simplemente incumprir as normas do wiki.
Para solucionar este problema pódese tomar algunha medida como: bloquear temporalmente o vándalo a través do seu IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e, en caso de extrema gravidade bloquear toda a base de datos wiki.A maior parte dos wikis actuais conservan un historial de cambios que permite recuperar doadamente calquera estado anterior e ver que usuario fixo cada cambio, o cal facilita enormemente o mantemento conxunto e o control de usuarios nocivos. Habitualmente, sen necesidade dunha revisión previa, actualízase o contido que mostra a páxina wiki editada.A principal utilidade dun wiki é que permite crear e mellorar as páxinas de forma instantánea, dando unha gran liberdade ao usuario, e por medio dunha interface moi simple. Isto fai que máis xente participe na súa edición, a diferenza dos sistemas tradicionais, onde resulta máis difícil que os usuarios do sitio contribúan a melloralo.

Dada a gran rapidez coa que se actualizan os contidos, a palabra «wiki» adopta todo o seu sentido. O «documento» de hipertexto resultante, denominado tamén «wiki» ou «WikiWikiWeb», prodúceo tipicamente unha comunidade de usuarios. Moitos destes lugares son inmediatamente identificables polo seu particular uso de palabras en maiúsculas, ou texto capitalizado - uso que consiste en poñer en maiúsculas as iniciais das palabras dunha frase e eliminar os espazos entre elas - como por exemplo en EsteEsUnEjemplo. Isto converte automaticamente a frase nun enlace. Este wiki, nas súas orixes, comportábase dese xeito, pero actualmente respéctanse os espazos e só fai falta encerrar o título do enlace entre dous corchetes.

wikis e blogs

a diferenza entre estes é que o primeiro é un sitio web constituído por todas as persoas que queiran colaborar, co obxectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blog son creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións censurados polo autor, sen un obxectivo final.
Como crear un wiki.
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos están en inguas.
En todos eles, a forma de procesar é similar e en todo caso perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispace.com, para iso teremos que:
1- Abrir o navegador e conectar coa dirección webwww.wikiespaces.com.
2- Completar o cadro Join Now, cun nome de usuario ,con un contrasinal, unha dirección de correo e un nome para o wiki.
3- Facer clic en join.
4- Completar de novo o contrasinal.
5- Activar a opción public, para que calquera usuario que o desexe pode completar a información wiki.
6- Facer clic en join.
O wiki é creado. Para acceder a el completar a páxina inicial e o resto que información que se quere incluír, se debe:
7- Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nombre.wikispace.com).
8- Facer clic no boton edit this page.
9- Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na pantalla superior da ventá do editor.
10- Cando se finalice facer clic en Save.

Usos dos wikis.

Poden realizarse buscas en varios wikis á vez, mesmo nesta web e na de Ward, utilizando un MetaWiki.
O wiki é unha práctica innovadora que expandiu o seu uso, por exemplo, ás empresas, as cales utilizan este medio para que o coñecemento adquirido polos traballadores poida ser compartido e complementado por todos, utilízase como unha ferramenta que favorece a innovación.




No hay comentarios:

Publicar un comentario