martes, 10 de abril de 2012

6. Historia de internet



Internet: Unha rede de redes.

Poderíase dicir que Internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, permite que a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo de case todo o mundo.
Cada ordenador forma parte dunha rede conectada a Internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este último tamén este conectado a Internet. Para que esta comunicación sexa posible é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de convencións que determinan como se realizase o intercambio de datos entre ordenadores ou programas.
Os protocolos mais usados por todas as redes de Internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmision Control Protocol) e ao protocolo de Internet (Internet Protocol)
De aplicación (http,ftp...), Transporte (TCP,UDP...), Rede (IP), Enlace (ethernet, token ring, FDDI...)
Novas posivilidades que ofrece Internet.
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas as posibilidades destacan:
-Internet é un enorme almacén de información. Aínda que hai que distinguir entre información valida e veraz da que non o é.
-A rede é un gran mercado. A través de Internet podemos comprar e vender todo tipo de produtos.
-As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de usar a rede para a súa difusión.
-A posibilidade de que un equipo de médicos poidan discutir a tempo real sobre o diagnostico dun paciente en risco.
-O investigadores e entidades do Proxecto Xenoma Humano poden transferir os seus enormes datos a Internet.
-Os astrónomos tamen poden compartir datos telescopicos localizados en todas as partes do mundo.
-A transmisión e recepcion de mensaxes, coñecido como correo electrónico ou correo electronico.
-A navegación, esta é a posibilidade de acceder ás millóns de paxinas de información das distintas empresas existentes.

-Transmisión de video, raio, televisión e musica.- Ciber comercio, ou comercio a través da rede.
- FTP, transmisión de ficheiros entre computadoras.
- IRC, posibilidade de comunicarnos con outros usuarios de Internet a través da palabra escrita.
-Os News ou grupos de noticias.

Conexions a Internet.


O número de ordenadores conectados a Internet foi crecendo en todo o mundo. En España a diminución do prezo das conexións e a mellora da calidade da conexión levou a mais do 44% da poboación a conectarse á rede.










Evolución do equipamento TIC nas vivendas.







Nacemento e evolución de Internet.





1996-Durante a guerra fría, e baixo o departamento de de defensa dos EE.UU, comeza o desenvolvemento do proxecto ARPANET. O seu obxectivo era idear un sistema mediante o que, o hipotético caso dun ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS, se puidese ter acceso a información militar dende calquera parte do país. A solución era unha rede composta de ordenadores na que todos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao tráfico entre os outros.






Construción do muro de Berlín





1969-Semanas antes de que o ser humano pisase a lúa conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPNET.








Primeira pegada na lúa.







1972-Presentáronse e publicaron os resultados obtidos. Incorporáronse mais ordenadores á rede ARPNET chegaron a ser mais de 200 en 1981.
As conexións ARPNET eran pagadas po EE.UU e restrinxíronse a sitios militares, universidades ou algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ou prestaban servizos.
Os primeiros servizos que brindo a rede ARPNET foron o acceso a ordenadores remotos (Telnet), a transferencia de arquivos e a transmisión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico que pronto se converteu nunha das aplicacións máis usadas.
1983- Establécese o protocolo TCP/IP como estándar como o protocolo que utilizaria toda rede coetada a ARPNET.Paralelamente, a parte militar de ARPNET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.




Podíase considerar este momento como o nacemento de Internet o n.º de ordenadores interconectados era 500.
1989- Desapare ARPNET pero xa se establecera unha maia mundial entre moitas institucións, que crearan as súas propias redes para comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaba os 100000.
Tim Bernes-Lee, investigador do CERN, desenvolve un sistema de comunicación baseado no Hipertexto, coa intención de facilitar o luxo de información entre os científicos. Crea o protocolo http e olenguage html. Este sistema seria a orixe da World Wide Web.






Tim Bernes -Lee



1992- O crecemento do número de usuarios e o volume da información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou organización de sistema desta. Así apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións como son Archie ou Gophers.
1993- Aparecen os primeiros navegadores de Web.
Dende este momento ata a data incrementáronse infinidade de aplicacións que permiten enviar, recibir, clasificar e xestionar correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan a sociedade actual a sociedade da información e a comunicación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario